Distribución:
Consorcio Editorial Galego
PVP: 16,5 euros
Depósito legal: OU 218-2011
ISBN: 978-84-92958-14-6
Colección Eidos, n.º 11
144 páxinas en negro e branco.
Capas en cor.
Encadernación en capa mole, con lapelas.
Tamaño 19 x 15,5 cm.
Primeira edición:
decembro de 2011
Cartografías do derrubo
Escribir ao xornal
Carme Adán
«Porque estes artigos son relato da vida cotiá vista por unha persoa moi consciente da responsabilidade política que leva, que é a súa designación por parte dos electores para marcar os camiños de mellora da vida daqueles que confiaron en que así o había facer, pero tamén a dos outros cidadáns e cidadás que agardan que a política sexa iso: un vieiro de mellora da nosa vida en sociedade. Para iso é preciso que o artigo teña o ton crítico que require calquera procura de cambio, aínda que C. A. lle deixe, con frecuencia, a resolución dese contido crítico ao encontro entre os feitos relatados e a intelixencia do lector ou da lectora, ese lugar onde agroma a verdadeira vida dos feitos narrados que é a construción do propio criterio.»
Xabier P. DoCampo