Catálogo
de autores da Limia. Literatura e Humanidades
Fichas bio-bibliográficas de autores nacidos en ou ligados
á comarca da Limia. Referencias a vinte e cinco autores dos
máis diversos campos: María del Carmen Agulló,
Isaac Alonso Estraviz, Luís Álvarez Pousa, Roi Brâs,
Xosé Luís Carneiro, Cándido Casal, Carlos Casares,
Delfín Caseiro, Xosé Manuel Cid, Federico Cocho de Juan,
Xosé Manuel Enríquez, Manoel Fonte Moura, Luís
García Mañá, Manuel Mandianes, Miguel Marvoa
da Límia, Luis Otero, Chus Pato, Claudio Pato, José
A. Pérez Bouza, Elixio Rivas Quintas, Antón Riveiro
Coello, María Ruído, Francisco Salinas Portugal, Avelino
Sotelo Álvarez e Antón Tovar.
Coordinación de Xavier Paz. Introdución de Delfín
Caseiro.
Edición para o Museo da Limia, de Vilar de Santos.
O Catálogo
de Autores da Limia fai parte da tentativa da Biblioteca da
Limia de aproximar os autores da comarca ao museo e de utilizar
este como espazo para a difusión da súa obra. Mais
non se esgotan nestes os obxectivos da publicación. Tamén
se propón a recuperación da memoria no ámbito
comarcal, reforzando os lazos de unión entre os autores,
a posta en valor da riqueza cultural da comarca, a disposición
dunha publicación que sirva de documento de consulta e material
de traballo para os estudantes da comarca e cantos se poidan derivar
para, en definitiva, contribuír á estruturación
e á cohesión cultural da Limia.