Depósito legal: OU 209-2010
ISBN: 978-84-92958-08-5
128 páxinas en cor.
Capas en cor. Encadernación en capa mole con lapelas, con estoxo e sobre con sementes.
Tamaño 20 x 16,5 cm.
Primeira edición:
decembro de 2010
Ourense en verde
Apuntamentos históricos de ecoloxía
e xeografía urbana
Xosé Somoza Medina


Percorrer cada recuncho da cidade, cada día, da mañá á noite, devolvéndolle o lustre, canalizando a recollida «do que sobra», descubrindo a cor orixinal de pavimentos, recuperando definitivamente a orde visual, impulsando a limpeza que se instala a paso firme no noso entorno cotián, querer Ourense máis alá do cometido de Ecourense*, sentirmos orgullo de aproximar o ámbito público ao estandard que merecemos, case como se fose o noso fogar.
Querer Ourense máis alá do tempo que vivimos, máis atrás: dende a orixe que fixo posible o noso presente; sentirnos orgullosos do «aquí e agora».
Este libro fálanos diso, do antes milenario, da natureza apenas invadida pola urbe, Rio Miño, Burgas, Montealegre..., e de como chega a nos hoxe victoriosa, irredutible.
Sentimos, queremos Ourense, e sentímonos en harmonía co noso pasado; Ourense nos seus espazos naturais, Ourense en verde, para vostede dende Ecourense, todo un pracer!