Distribución:
Consorcio Editorial Galego
PVP: 15 euros
Depósito legal: OU 37-2009
ISBN: 978-84-937090-3-7
Colección .doc, n.º 3
192 páxinas en negro e branco.
Capas en cor. Encadernación en capa mole, con lapelas.
Tamaño 19 x 15,5 cm.
Primeira edición:
marzo de 2009
Cátedra Filgueira Valverde.
Estudos de investigación.

Convocatorias 2005-2007


O presente volume contén os traballos máis salientables realizados durante os últimos anos ao abeiro desta Cátedra. É un percorrido pola investigación sobranceira nos ámbitos da Enxeñaría Forestal, a Política e as Ciencias Sociais e da Comunicación resumidos en oito artigos asinados polos profesores Arias Sánchez, Cancela Outeda, Fandiño Alonso, Lens Leiva, López Mira, Pena Rodríguez e Valero Gutiérrez del Olmo. Son todos eles estudosos senlleiros do campus de Pontevedra e coordinadores de grupos nos que figuran os 27 investigadores que participaron dalgún xeito nos proxectos resumidos nesta publicación, e que conxugan a análise do momento histórico que viviu o profesor Filgueira Valverde co exame das necesidades de tipo político, social e de desenvolvemento sostible da sociedade actual.