Bases do Certame Benito Losada de Banda Deseñada

OBXECTO E FINALIDADE
As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense convocan o Certame Benito Losada de Banda Deseñada para fixar na memoria colectiva a súa actuación desinteresada, aberta, creativa e impulsora tamén neste ámbito no que propiciou a incorporación ao mundo artístico/profesional de xóvenes autoras/es galegas/os de banda deseñada.

MODALIDADE
Historias en comic en galego de non máis de 8 páxinas e non menos de 5, con técnica e tema abertos.

PARTICIPANTES
Poderán participar, de forma individual ou colectiva as/os cidadáns con domicilio en Galicia, que non superen a idade de 35 anos antes do 1 de xaneiro de 2016.

INSCRICIÓN E DOCUMENTACIÓN
As/os participantes deberán cumplimentar o formulario de inscrición incluído máis abaixo adxuntando ademáis a documentación nel requerida ou imprimilo e cumplimentalo acompañando a seguinte documentación:
- Currículo artístico: máximo 280 palabras
- Fotocopia do documento nacional de identidade, no caso de cidadáns galegas/os, ou
- Fotocopia do NIE no caso de cidadáns non españois.
- Dossier formado por unha, dúas ou tres historias curtas, en formato máximo de DIN A3
; poden ser orixinais ou estar xa previamente publicadas (neste caso, a/o participanta/e deberá garantir a cesión gratuita dos dereitos de reprodución a efectos da súa difusión impresa e electrónica no marco das publicacións das propias Xornadas de BD de Ourense).

ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN CANDO A INSCRICIÓN NON SE FAE VÍA WEB
Nunca se enviarán as obras orixinais, senón copias impresas dixitalmente en alta calidade debidamente protexidas ou soportes dixitais –chave USB, CD, DVD– cos arquivos a tamaño real, con 300 ppi de resolución, en formato TIFF comprimido con LZW, PDF para impresión en alta calidade ou en JPG cun nivel de calidade máximo.

A documentación que consta do formulario de inscrición, o currículo, o documento de identidade e o dossier, e que en ningún caso será obxecto de devolución, se enviará a:
CERTAME BENITO LOSADA DE BANDA DESEÑADA
Proxecto Fundación Benito Losada / Difusora de Letras, Artes e Ideas
A/A Xavier Paz
Rúa Bedoya, nº 5 piso 1º dta – 32004 Ourense

PRAZOS
No caso de utilizar o formulario web o prazo de presentación finalizará o 10 de setembro de 2015 ás 24 horas.
No caso de utilizar envío postal ou por mensaxería o prazo de presentación será ata o 10 de setembro de 2015 ás 24 horas, agás do día 1 ao 31 de agosto ambos incluídos.
En todos os casos, no suposto de documentación incompleta ou errónea, requirirase a subsanación no prazo de 5 días.

O XURADO
Un xurado independente designado pola organización das XXVI Xornadas de BD de Ourense, seleccionará até un máximo de 5 participantes, cuxas obras comporán a exposición do certame e entre eles, os premiados. O seu fallo será inapelable.

PREMIOS
Establécense dúas categorías de premios:

Categoría A
Para os participantes maiores de 17 anos (cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2016).
- 1º premio de 900 euros.
- 2º premio de 300 euros.


Categoría B
Para os menores de 17 anos (cumpridos despois do 1 de xaneiro de 2016).
- 1º premio de 300 euros.

En caso excepcional o xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

DIFUSIÓN DAS OBRAS PREMIADAS
As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense producirán unha exposición coas obras das/os artistas seleccionadas/os con vontade itinerante e as colgarán en PDF na páxina web facendo unha difusión exahustiva delas entre medios periodísticos e profesionais. Está ademáis en trámite o patrocinio da súa publicación impresa.

RESOLUCIÓN FINAL
A participación neste certame leva implícita a aceptación inapelable das bases e do fallo do xurado.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Os campos marcados con son obrigatorios.





  1. Currículo artístico
    Máximo 280 palabras.

    Palabras en total: 0/280


  2. Escaneado do documento nacional de identidade ou do NIE, no caso de cidadáns non españois, en formato JPG


  3. Dossier comprimido en un único ZIP (100 Mb máximo) formado por unha, dúas ou tres historias curtas, de non máis de 8 páxinas e non menos de 5 cada unha, tamaño máximo DIN A3; arquivos a tamaño real, con 300 ppi de resolución, en formato JPG cun nivel de calidade máxima.
    O nome do arquivo debe ser o teu nome
    e debes subilo vía FTP (podes usar FileZilla) á seguinte conta:
    Servidor: ftp.difusora.org
    Nome de usuario: certamebd
    Contrasinal: certamebd2015

    Tamén podes utilizar outro servizo de envío de correo como WeTransfer no que podes adxuntar arquivos de gran tamaño (recorda que o nome do arquivo debe ser o teu nome) e envialo a xornadasbdourense@difusora.org.
    Non olvides cumplimentar e enviar este formulario.
  4.