_RELATORES DO FORO [COMITÉ ASESOR]



Xoán Creus Andrade

(Cee, 1966)

Arquitecto titulado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña en 1992, é profesor asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da mesma universidade.

Foi colaborador de Manuel Gallego entre 1992 e 1996, a tamén en 2000 no concurso da Cidade da Cultura.

É codirector da revista de arte e arquitectura O Monografías, editada polo COAG. Ten publicado artigos e debuxos en diversas revistas de arte e cultura (Luzes de Galiza, Interesarte, Ruptura, Bravú, O Monografías…), así como participado na edición de publicacións sobre arquitectura e paisaxe, e en catálogos de varias exposicións e congresos. Son libros seus A terra das mil belezas, con Pablo Gallego (Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1998); e Viaxe á fin da terra, con Pablo Gallego (Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1999); participou na edición dos volumes da mesma serie Aldea Terremota, Centros da terra e Terra. Recentemente participou como relator no programa «Injertables», taller sobre creación e xestión do espazo público (A Coruña, 2006).

Outros libros en que participou son: Cartografía histórica de los caminos de Santiago en la provincia de A Coruña, con Carlos Nardiz Ortiz e Alberto Varela García (A Coruña: Deputación Provincial, 1999), e Inventario cartográfico de la red viaria municipal en la provincia de A Coruña, dos mesmos autores (A Coruña: Deputación, 2003).

Desde 1994 comparte estudio profesional con Covadonga Carrasco López; entre outras obras realizadas, destaca a rehabilitación dunha pequena casa en Tapia de Casariego e o Espazo Público e Edificios Dotacionais en Lugo —pola cal foron seleccionados para a VII Muestra de Arquitectos Jóvenes Españoles da Fundación Antonio Camuñas, e pola que recibiron o IX Premio COAG de Arquitectura, na categoría Espazos Públicos de Nova Planta—. Ambas as obras están publicadas na revista de arquitectura Obradoiro (n.os 27 e 28). Ademais, a rehabilitación e ampliación de vivenda en Ponte Olveira —pola cal recibiron un accésit no X Premio COAG de Arquitectura—, e máis recentemente a Fundación Luís Seoane na Coruña, proxecto gañado en concurso público.

Teñen participado nas exposicións e catálogos Arquitectura recente na Costa da Morte, Rúa Adentro (A Coruña: Fundación Luís Seoane, 2003), Galicia s. XXI architecture (Washington, 2004); e Pensar la ciudad contemporánea, coordinada con Ricardo Beltrán Pedreira e Jesús Conde García (Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004). Deseñaron a Exposición de Proxectos do Concurso Internacional de Arquitectos da Casa dos Antepasados, o Proxecto Artabria e a Exposición Permanente do Museo Pedagóxico de Galicia. Xuntos publicaron tamén Centro de Cultura Contemporánea de La Coruña (Concello da Coruña, 2005).



Álvaro Domingues

Xeógrafo, doutorado pola Facultade de Letras da Universidade do Porto en Xeografía Humana (1994); a súa tese foi: «Serviços às empresas, concentração metropolitana e desconcentração periférica (o contraponto entre a Área Metropolitana do Porto e as áreas periféricas de industrialização difusa do Noroeste Atlântico de Portugal Continental)».

Obtivo o Prémio Caixa Geral de Depósitos en 1996. Desde 2002 é profesor asociado da Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto. Foi ademais profesor do curso de posgraduación da Facultade de Arquitectura da Universidade de Coimbra; do Mestrado Projecto do Ambiente Urbano; dos Cursos de Verán da Fundação de Serralves; profesor convidado da Universidade Federal do Rio de Janeiro; e profesor convidado da Universidade de Granada.

De 1993 a 1999, foi investigador do GEDES/FAUP e consultor da Quaternaire Portugal SA, particularmente para estudos de desenvolvemento rexional e urbano. Como investigador do CEF Arquitectura do Porto, ten desenvolvido actividade regular de investigación no ámbito de proxectos coa Fundação Calouste Gulbenkian, coa FCG, coa CCDR-N, coa Xunta de Galicia, coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, coa Erasmus University of Rotterdam-EURICUR, co Club Ville Aménagement de París; co Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, coa Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Barcelona, coa Universidade de Granada, coa Universidade Federal de São Paulo e do Rio de Janeiro, coas universidades do Minho e de Coimbra, con municipios, coa Ordem dos Arquitectos e coa Fundação da Juventude, entre outros.

No CEFAUP a súa actividade céntrase no urbanismo e nas políticas urbanas (investigación e asesoría externa e formación).

Son libros seus: Área metropolitana do Porto: processo de metropolitanização. Livro guia da visita de estudo (Porto: Instituto de Geografia da Faculdade de Letras, 1992) e Estudo Sócio-Económico da Área Metropolitana do Porto. Relatório temático. Serviços às empresas (Porto: Quaternaire Portugal, 1993). Foi coordinador de A cultura em acção: impactos sociais e território (Porto: Afrontamento, 2003), e traduciu o libro Metapolis: acerca do futuro da cidade, de François Ascher (Oeiras: Celta, 1998).
                                  
Colaborou nos libros colectivos Periferias: Paulo Catrica, coordinado por M. Tereza Siza (Porto: Centro Português de Fotografia, 1998); Políticas urbanas: tendências, estratégias e oportunidades, con Nuno Portas e João Cabral (Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 2003); e Cidade e Democracia – 30 Anos de Transformação Urbana em Portugal, coordinado por el (Aveiro: Universidade, 2006).
                                  
Ten publicado artigos nas revistas Cadernos do GEDES/FLUP, Cadernos do Noroeste, Finisterra, Inforgeo, Revista de Geografía, Progress in Planning e Revista da Faculdade de Letras.



Sergio Fernández

(Porto, 1937)

Arquitecto pola Escola Superior de Belas Artes do Porto (1965). É profesor asociado da Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto e docente convidado na Escola de Arquitectura da Universidade do Minho, na área de Projecto. Foi director do Centro de Estudos da FAUP entre 1990 e 1996, e membro do consello directivo desta entre 1988 e 1994.

É membro do consello científico da FAUP desde 1987.

Ten participado en cursos, seminarios e conferencias en Portugal, Angola, Brasil, España, Holanda, Italia e a Unión Soviética. Participou en exposicións e xurados diversos en Portugal e no estranxeiro.

Exerce a actividade profesional, intermitentemente, desde 1963. Dos proxectos máis recentes, destacan: os edificios das Escolas de Ciências e Ciências Sociais da Universidade do Minho, en Guimarães; a intervención en Idanha-a-Velha (reordenamento do poboado e reconversión ou restauro de edificios con valor patrimonial); a reconversión dunha fábrica para Museu dos Curtumes de Guimarães; a Residência de Estudantes do Instituto Superior Técnico (Lisboa); a residencia do Cónsul de Portugal en Goa (India); a recualificación da Zona Leste B da Baixa Portuense, no ámbito da Capital Europea da Cultura 2001; a Escola Superior Agrária do Instituto Superior Politécnico de Viseu; o conxunto de edificios e espazo público envolvente do mercado en Viana do Castelo e Plano da Afurada, programa Polis; o proxecto de valorización do Mosteiro de Santa Clara-a-Velha, en Coimbra; a Faculdade de Psicologia da Universidade de Coimbra; e o Teatro Constantino Nery, en Matosinhos.

Ten artigos e obras publicados diversos medios, tales como Architectures à Porto, Tendenze dell’Architettura Contemporanea, Casabella, Lotus International ou Wonen TABK. Publicou a segunda edición de Percurso –Arquitectura Portuguesa, 1930-1974 (Porto: FAUP , 1985).



Camilo Franco

(Ourense, 1963)

Escritor, crítico teatral e de arte e xornalista. Traballa en La Voz de Galicia, onde se dedica fundamentalmente á sección de Cultura. Como narrador, ten publicado: A lúa no cénit e outros textos (Sada: Ediciós do Castro, 1988); Ribadavia, con fotos de Santiago Barreiros(Vigo: Ir Indo, 1993); En malos pasos (Vigo: Xerais, 1995); e Por conto alleo (Vigo: Galaxia, 2003) —que naceu como un ensaio narrativo na rede promovido por Vieiros; esta fórmula de creación literaria na internet deu orixe a unha segunda iniciativa: «Necesariamente X. A razón máis quente».

Participou en volumes colectivos de narrativa, como Unha liña no ceo. 58 narradores galegos, 1979-1996, coordinado por Xosé Cid Cabido (Vigo: Xerais, 1996); Narradores de cine (Vigo: Xerais, 1996); ou Narradio. 56 historias no ar (Vigo: Xerais, 2003); en numerosos catálogos e libros de arte, como Realismos (Vigo: Nova Galicia Edición, 2001) ou Neoexpresionismos, abstraccións (Vigo: Nova Galicia Edicións, 2004), ambos os dous dirixidos por Antón Pulido Novoa; ou en libros de artigos e ensaios como Guía da provincia de Ourense: historia, patrimonio, natureza, gastronomía, con Francisco X. Fernández Naval (Vigo: Caixavigo, 1997); Eduardo Núñez – Retratos. Dez anos da vida cultural en Ourense, coordinado por Benito Losada (Ourense: Concello, 1999); Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en ‘La Voz de Galicia’ (A Coruña: La Voz de Galicia, 2002); ou Tres mesas redondas sobre compromiso social da cultura galega, editado por María América Díaz e María Díaz Rey (Sada: Ediciós do Castro, 2005).

Artigos seus teñen aparecido publicados en revistas como Cadernos A Nosa Terra de Pensamento e Cultura, Dorna, Grial, Información Teatral, Interea Visual, Luzes de Galiza, Oh, Omáximo, Tempos Novos ou A Trabe de Ouro.



Pablo Gallego Picard

(A Coruña, 1968)

Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1994), fixo un máster no Instituto Berlage (Amsterdam, Holanda), estudou cinema en Londres e realizou o Master of Science na Graduate School of Architecture, Visual Arts School and Film School da Universidade de Columbia en Nova York como bolseiro da Fundación Barrié. É profesor do departamento de Proxectos e Urbanismo na ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña.

En 1994 recibiu o Premio Internacional Xoves Arquitectos, do municipio de Charenton (Francia). Foi finalista da primeira edición do Premio Luís Ksado de fotografía, en 1997. En 2006, o Primeiro Premio Europan 8 en Coimbra (Portugal).

Premiado coa William Kinne Fellows Award da Universidade de Columbia (2000), traballou como arquitecto e fotógrafo para distintos medios e para estudios de arquitectura (como os de Víctor López-Cotelo, Manuel Gallego Jorreto, Abalos & Herreros, David Chipperfield Architects, Stan Allen e Tuñón & Mansilla) e de forma individual en Madrid, Londres, Nova York e A Coruña.

Entre a súa obra realizada encontramos a reforma dunha vivenda unifamiliar para Jasper Morrison (Londres, 1996), a Feira das Mentiras (Santiago de Compostela, 1998), a Bag Shop Sigerson-Morrison (Manhattan, Nova York, 2002) e a Casa da Cultura de Cambre (2004).

É co-editor da revista O Monografías, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Seus son os libros A aldea terremota, con Xurxo Souto (Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1997), catálogo da exposición fotográfica do mesmo título; A terra das mil belezas, con Xan Creus(Santiago de Compostela: COAG, 1998); Centros da terra (Santiago de Compostela: COAG, 1999); Viaxe á fin da terra, con Xan Creus (Santiago de Compostela: COAG, 1999) e Terra – Entrevistas (Santiago de Compostela: COAG, 1999). Participou no volume Singular Housing. El dominio privado, de Jaime Salazar e Manuel Gausa (Barcelona: Actar, 1999).

Tamén participou con artigos en publicacións como: Arquitecturas, AV Proyectos, Bauwelt, O Monografías, Pasajes e Revista do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Para a Bienal de Arquitectura de Venecia de 2002 preparou a mostra Comunidad verde + comunidad azul, en colaboración con Carlos Quintáns e Mónica Alonso. Proxectos e obra fotográfica seus foron incluídos na mostra Galicia Siglo XXI (Embaixada Española en Washington e Fundación Barrié da Coruña, 2004-2005).

Ten impartido diversas conferencias, e participou como relator no programa «Injertables», taller sobre creación e xestión do espazo público (A Coruña, 2006).

Recentemente dirixiu o documental Polo territorio da Arquitectura para a TVG.



Xosé Lois Martínez Suárez

(A Coruña, 1948)

É profesor titular da Área de Urbanística e Ordenación do Territorio, no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, onde imparte docencia desde 1983. É vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental da Universidade da Coruña.

Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1973), doutorouse pola ETS de Arquitectura da Coruña (1991). É técnico urbanista polo Instituto de Estudios de Administración Local de Madrid (1983). Recibiu o Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade da Coruña (1995).

Impartiu docencia en máster na mesma universidade; foi profesor na Universidade Internacional Menéndez Pelayo, e nos cursos de doutoramento na Universidade Iberoamericana de Puebla.

Foi responsábel do Consello de Dirección da revista Obradoiro. Revista de Arquitectura, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dos números 16 ao 28, e da Comisión de Cultura da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia entre 1975 e 1980.
O seu labor investigador deu como froito os libros González Villar e a súa época, en colaboración con varios autores (Vigo: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1975); A Terraza de Sada (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1986); Piornedo. Estudio básico de rehabilitación dunha aldea galega, en colaboración con Pedro de Llano e Plácido Lizancos (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1987); As galerías da Mariña. A Coruña. 1869-1894 (Santiago de Compostela: COAG, 1987); Catálogo de Arquitectura. A Coruña 1890-1940, en colaboración con Xan Casabella (Santiago de Compostela: COAG, 1989); A Praza de María Pita. A Coruña. 1859-1959 (Santiago de Compostela: COAG, 1993);ou A construcción da Galiza urbana. A cidade medieval en Galicia: Pontedeume. Á parte das obras de arquitectura realizadas, ten numerosos artigos sobre temas de arquitectura e urbanismo en libros e revistas especializadas. Entre os primeiros, O feito diferencial galego. As paisaxes de Galicia, coordinado por Augusto Pérez Alberti (Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 2001); Do racionalismo á modernidade, dirixido por Antón Pulido Novoa (Vigo: Nova Galicia Edicións, 2002); ou El republicanismo coruñés en la historia (A Coruña: Concello, 2001); entre as revistas, Cerna, Grial, Luzes de Galiza, Obradoiro e Tempos Novos.

Formou parte dos proxectos de investigación «A cidade medieval en Galiza, A Construcción da Galiza Urbana I» (anos 1997, 1998 e 1999) e «A Construcción da Galiza Urbana II» (anos 2000, 2001 e 2002).

Participou en diferentes convenios entre a Universidade da Coruña e outras entidades, como os estabelecidos co Concello de Pontedeume —«Levantamento cartográfico do centro histórico de Pontedeume» (1998-1999) e «Cinco proxectos urbanos», dos cales foi director (2000)—; co Concello das Pontes —«Información urbanística do Plan Xeral» e «Centro histórico», dos cales tamén foi director—; co Concello de Vimianzo —«Información urbanística do Plan Xeral», que dirixiu—; ou coa Deputación da Coruña —«Encuesta de infraestructura y equipamientos locales 2000-2002», no cal foi director da Área de Planeamento e Equipamentos.



Begoña Muñoz

(Barakaldo, Biscaia, 1961)

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua Galega e Literatura, de Iniciación á Arte Dramática e de Diversificación Curricular no IES Otero Pedrayo.

A súa formación nos diversos aspectos da dramaturxia inclúe seminarios e cursos con Zulema Moret, Coralina Colom, Víctor Fuenmayor, Gisèle Barret, Helena Pimenta, Fina Calleja, Julian Knab, Albert Boadella ou Arístides Vargas.

É co-adaptadora de Xacobe ou a submisión, de Ionesco; Madame de Sade, de Mishima; As sillas, de Ionesco; Cama dous por dous para dous (Talem), de Sergi Belbel; A esmorga, a partir da novela homónima de E. Blanco Amor; O lapis de carpinteiro, segundo a novela de Manuel Rivas; e Sexismunda, adaptación de A vida é soño de Calderón de la Barca, todas elas representadas pola compañía Sarabela Teatro de Ourense. Tamén co-adaptou Leoncio e Helena, de Büchner —publicada pola Xunta de Galicia en 1993—, posta en escena polo Centro Dramático Galego. Fixo diversos traballos de adaptación teatral para as montaxes dos grupos de teatro do IES Otero Pedrayo, e adaptou Romance de Micomicón e Adhelala, de Eduardo Blanco Amor (adaptación publicada por Galaxia en 2000, e pola ASSITEJ en 2002).

A súa peza Cabalos desbocados, adaptación da obra Gracias, abuela..., de Sebastian Junyent, foi publicada en Materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995).

É coautora, con Xosé Carlos Couceiro, Ánxeles Cuña e Fernando Dacosta, das obras Afección, Tics —publicada por Baía Edicións (A Coruña, 2000)— e Os soños de Caín —incluída no volume Talía na crónica de nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999), de Cilha Lourenço Módia e Carlos Vizcaíno Fernández (Ourense: Abano Editores, 2000)—, todas elas representadas pola compañía Sarabela Teatro.

Ademais, é autora de diversas pezas breves, escritas para os grupos de teatro do IES Otero Pedrayo; entre outras: Sidamanía, A casa con ruídos e Xuventude, divino tesouro; tamén de Tres pontes, tres tempos, en que se baseou o espectáculo de animación teatral de Sarabela Teatro para a dinamización turística da Calzada Romana de Trives no verán de 1999, e Trivesía fantástica, escrita para o mesmo fin en 2000.

Encargouse do estudo introdutorio para o tomo III da Obra completa de Xabier Prado «Lameiro» (Ourense: Concello, 1995). É coautora dos catro volumes de Claro e seguido. Un enfoque comunicativo na didáctica da lingua, con María Xesús Sarmiento Macías e Serafín Alonso Pintos (Vigo: Xerais, 2004).

Impartiu diversos cursos na Aula Universitaria de Teatro de Ourense, e participou en varios congresos e encontros galegos e internacionais relacionados co teatro e coa pedagoxía.

Foi finalista nos Premios Compostela de Teatro pola adaptación de Madame de Sade de Mishima (1990); Premio Compostela de Teatro pola adaptación de As sillas de Ionesco (1992); Premio ao mellor texto por Tics no Festival Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (FETEN) de Xixón (1997); Premio María Casares á mellor adaptación por O lapis do carpinteiro (2001); e Premio á mellor dirección na Mostra de Teatro Escolar de Centros de Secundaria, pola obra Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, de Roberto Salgueiro, representada polo alumnado de Iniciación á Arte Dramática do IES Otero Pedrayo de Ourense (2004).



Chus Pato

(Ourense, 1955)

Licenciada en Xeografía e Historia, exerce como profesora de ensino medio. Publicou os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984). A través de Pato & Esteirán & Ruído Produccións realizou diversas performances como Mateino porque era meu, A sereíña ou Ethics of the care. Foi membro do Grupo Dolmen de Ourense e, na actualidade, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da asociación Redes Escarlata, do PEN Clube e de Mujeres y Letras. Premio Xouva Verde do colectivo Ronseltz en 1990. A súa obra foi traducida a francés, español, estonio, inglés e macedonio.
                                  
Publicou Urania (Ourense: Calpurnia, 1991); Heloísa (A Coruña: Espiral Maior, 1994), traducida a castelán por Xosé Manuel Trigo (Madrid: La Palma, 1998); Fascinio (Muros: Toxosoutos, 1995); Nínive (Vigo: Xerais, 1996) —galardoada co premio Losada Diéguez—; A ponte das poldras (Santiago de Compostela: Noitarenga, 1996),  m-Talá (Vigo: Xerais, 2000), traducida a inglés por Erín Moure (From m-Talá, Nomados, 2003) e Un Ganges de palabras, antoloxía bilingüe con edición e tradución de Iris Cochón (Málaga: Diputación, 2003).
                                  
Parte da súa poesía está incluída nas antoloxías Escolma de poesía galega 1976-1984, editada por Xosé Lois García (Barcelona: Sotelo Blanco, 1984), Palabra de muller, editada por Camiño Noia (Vigo: Xerais, 1992); Poesía dos aléns (Ourense: Grupo Dolmen, 1993); Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (Padrón: Patronato Rosalía de Castro, 1994); Poésie en Galice aujourd’hui, de Anxo Angueira (Namur: Maison de la Poésie, 1999); Rías de tinta. Literatura de mujeres en francés, gallego e italiano, de Marta Segarra, Helena González e Francesco Ardolino (Barcelona: Universitat de Barcelona, 2000); Defecto 2000 (Santiago de Compostela: A. C. Amaía, 2000); Poetry is the world’s great miracle, de María do Cebreiro (Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia, 2001); A tribu das baleas, de Helena González (Vigo: Xerais, 2001); Poetas e narradores nas súas voces (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2001); Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Santiago de Compostela: Fundación Araguaney, 2003); Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000), de Arturo Casas (Lugo: TrisTram, 2003); Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Ourense: Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003); e Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra (Santiago de Compostela: Federación de Libreiros de Galicia/Espiral Maior/Xerais, 2003), entre outras. Figura unha entrevista súa en Do lado dos ollos. Arredor da poesía, entrevistas con 79 poetas do mundo, de Emilio Araúxo (Vigo: Edicións do Cumio, 2001).

Participou en revistas como Akadeemia, La Alegría de los Naufragios, Andaina, Animal Sospechoso, Barcarola, Batiscafo, Boletín Galego de Literatura, Clave Orión, Cume, Dorna, Escrita, Festa da Palabra Silenciada, Galerna, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, The Gig, Grial, Gume, Infolios, Luzes de Galiza, Madrigal, A Nosa Terra, Ólisbos, La Ortiga, Papers de Versàlia, Quimera, El Signo del Gorrión, Texturas, A Trabe de Ouro, Valdeleite, Veneno, Xanela e Zurgai.



Xosé Carlos Sierra

(Pontevedra, 1950)

Estudou Historia nas universidades de Santiago de Compostela e Valladolid, onde realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Arqueología, Prehistoria e Historia Antigua. Foi bolseiro e colaborador do Museo Provincial de Pontevedra. Na Universidade Complutense de Madrid seguiu un curso de Antropoloxía no Departamento de Historia de América. Foi profesor axudante de Prehistoria e Antropoloxía (co profesor Alonso del Real) no Colexio Universitario de Ourense e na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

En 1985 accedeu ao corpo facultativo de conservadores de museos do estado. Destinado a varios museos, dirixiu, entre 1993 e 2005, o Museo Etnolóxico, con sede en Ribadavia. Actualmente é delegado en Ourense da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Impartiu cursos e conferencias sobre patrimonialización e museoloxía etnográfica en diferentes museos, centros e universidades de Andalucía, Valencia, Asturias, Cantabria, Cataluña, Estremadura e Portugal. Representou a Comunidade Autónoma de Galiza nos traballos técnicos para a candidatura a Patrimonio Mundial dos «Itinerarios da Vide e os Viños dos Pobos Mediterráneos». No ano 1996 presidiu a comisión de Museoloxía e Patrimonio no III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada, celebrado en Pontevedra.

Nos últimos dez anos reorientou a súa preocupación investigadora cara aos campos da museoloxía etnolóxica e da activación social do patrimonio cultural, e publicou máis de trinta e cinco traballos sobre estas temáticas.

Foi promotor e organizador, no Museo Etnolóxico (Ribadavia), dun Fondo de Documentación Oral, coa colaboración dun grupo de historiadores agrarios e etnólogos, que posúe actualmente un fondo con máis de 800 entrevistas e historias de vida, todas do campesiñado e da poboación vilega da provincia de Ourense. Paralelamente, promoveu neste museo a formación dun fondo documental fotográfico orientado desde a perspectiva da antropoloxía visual e constituído por máis de 35.000 imaxes do mundo agrario e vilego.

Promoveu e dirixiu o programa museolóxico para o Museo Galego do Viño, iniciativa en que traballa desde 1996. Coordinou o plan director e o programa museolóxico do Museo Etnolóxico (Ribadavia). Como etno-museólogo ten asesorado distintos programas de activación patrimonial e  musealización dentro e fóra de Galicia.

É membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (CSIC), do padroado e a xunta reitora do Museo do Pobo Galego, do padroado da Fundación Vicente Risco, do MINOM-Portugal (Movimento Internacional para a Nova Museologia), da Asociación Galega de Antropoloxía (AGA), da xunta directiva da Asociación Profesional de Museólogos de España, do Grupo Marcelo Macías de colaboradores do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, e da Sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega.

Ten participado en numerosos congresos, simposios e seminarios de antropoloxía e museística, así como publicado artigos en revistas como Anales del Museo Nacional de Antropología, Boletín Auriense, Boletín de la ANABAD, Raigame ou a Revista de Museología. Colaborou ademais en volumes como Nuevas perspectivas en el estudio del patrimonio etnológico, coordinado por Encarnación Aguilar (Sevilla: Universidad, 1999); Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego, III. Antropoloxía (Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego, 1999); Galicia. Antropoloxía, coordinado por González Reboredo (A Coruña: Hércules de Ediciones, 1999); Eladio Rodríguez González. 1864 1949. Unha fotobiografía (Vigo: Xerais, 2001); ou Imaxes de Galicia: Fotografía etnográfica (Homenaxe a Xaquín Lorenzo), en colaboración con Quiroga Barro (Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004). Coordinou ademais o volume O Viño da Cultura e a Cultura do Viño. O Ribeiro (Vilagarcía de Arousa: Editorial Mirabel, 2000).



Xesús Vázquez

(Pentes, Ourense, 1946)

Artista plástico, leva facendo exposicións individuais e colectivas por todo o mundo: Alemaña, Austria, Colombia, Estados Unidos, Exipto, Francia, Inglaterra, Marrocos, Polonia, Suíza, Tunisia, Venezuela e Xapón desde 1968.
                                  
Editou as carpetas de gravados Desexo e Morte (augafortes e poemas propios, 1977), Para el ojo (poemas e gravados propios, 1979), Sicut (con gravados propios e poemas de Fernando Pessoa, 1981), e o libro Mitad del Gozne (1991).

En 1982 obtivo unha bolsa das Axudas á creación do Ministerio de Cultura. En 1987 recibiu o 1.º Premio na II Bienal de Pintura de Albacete. En 1992 foi galardoado co Premio Constitución de Pintura, da Junta de Extremadura, e en 1999 co Premio Todisa de pintura.

Impartiu numerosas conferencias e relatorios, como por exemplo no curso «Posibilidades de la Pintura», dirixido por Juan Manuel Bonet, na Universidad de Castilla-La Mancha (Cuenca, 1989); ou no taller de Crítica de Arte que dirixiu J. M. Bonet no Arteleku (San Sebastián, 1993), ou para o curso «El oficio del artista. Sobre el concepto, situación y perspectivas del artista plástico en las sociedades contemporáneas», dirixido por Enrique Andrés Ruiz en Salamanca (1996) —a Consejería de Educación y Cultura da Junta de Castilla y León editou o libro El oficio del artista cos relatorios do curso—; ou no curso «Dalí y los artistas», dirixido por Fernando Huici, e organizado pola Universidade Complutense en El Escorial (2004).

Dirixiu diversos talleres de arte, como o titulado «Después de Auschwitz», na Facultade de Belas Artes de La Laguna (1995) e no Centro Cultural Deputación Ourense (2003).

Ten colaborado en diversos medios de comunicación con artigos; como ilustrador para o n.º 4 da revista Pasajes e para os números 1 e 6 de Estación Central. Foi membro do consello de redacción das revistas Comercial de la Pintura e La Ortiga.

As súas obras están representadas en numerosas coleccións públicas e museos de prestixio internacional. Entre eles, destacan: Collection Dobe (Zúric, Suíza), Museo Cantini (Marsella, Francia), Fundación Colas (París, Francia), Gabinete de Dibujos y Estampas de la Biblioteca Nacional (Madrid), Colección Testimoni e Fundació ‘La Caixa’ (Barcelona), Museo Patio Herreriano de Arte Español Contemporáneo (Valladolid), Museo de Bellas Artes de Álava (Vitoria), Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (A Coruña), Fundación Endesa (Madrid), Colección Mapfre (Madrid), Colección ICO (Madrid), Museo Extremeño Iberoamericano de Arte Español Contemporáneo (Badaxoz), Colección BBVA (Madrid), Colección do Banco Europeo de Investimentos (Luxemburgo), Colección Norte de Arte Contemporáneo – Gobierno de Cantabria (Santander), Fundación Coca-Cola España (Madrid), Colección Caixanova (Vigo), Instituto Valenciano de Arte Moderno – IVAM (Valencia), Colección del Banco de España (Madrid), Colección Caixa Galicia (A Coruña), Colección Aena (Madrid), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) e Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC (Santiago de Compostela).