TERMOS
DE USO DE DIFUSORA.ORG
Todo o material existente neste sitio web está protexido
pola lei sobre dereitos de autor. © 2003 Difusora de Letras,
Artes e Ideas, SL. Todos os dereitos reservados.
En cumprimento
do Art. 10 contido no Capítulo II da Lei 34/2002 do 11 de xullo,
de servicios da sociedade da información e de comercio electrónico
(LSSICE), servímonos incluír para disposición
do público xeral da web e dos órganos reguladores
e de control a información legal e fiscal de Difusora de Letras,
Artes e Ideas, SL como propietaria e promotora desta web e os seus
sitios afiliados: Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL, sociedade
inscrita co CIF B-32.286.924 no Rexistro Mercantil de Ourense Tomo
594, Libro 0, Folio 34, Sección 8, Folla OR-8067, Folla Bis,
Inscrición 1ยช. O seu establecemento permanente encóntrase
situado na rúa da Paz,12, 32005 Ourense.
O contido
e información mostradas neste sitio web («a información
do site») é propiedade de Difusora de Letras,
Artes e Ideas, SL, e/ou terceiras partes. A descarga, reproducción
ou transmisión da información do sitio web para
uso que non sexa o estrictamente individual sen ánimo comercial
está estrictamente prohibida.
O sitio
web de difusora.org poderá conter referencias a marcas
rexistradas, patentes, materiais protexidos por dereitos de autor,
tecnoloxías, productos, procesos ou outros dereitos intelectuais
propiedade de Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL e terceiras partes.
Non se concede aos usuarios do noso sitio web baixo ningún
concepto dereito ou licencia de uso sobre marcas rexistradas, patentes,
materiais protexidos por dereitos de autor, tecnoloxías, productos,
procesos ou outros dereitos intelectuais.
O usuario
do sitio web difusora.org comprométese a non empregar
ningún dispositivo, software ou outro instrumental que interfira
ou poida interferir co adecuado funcionamento do noso sitio web,
así como a non emprender ningunha acción que poida ocasionar
unha desproporcionada ou inaceptable carga na nosa infraestructura.
Así mesmo, o usuario do sitio web de Difusora de Letras,
Artes e Ideas, SL comprométese a non empregar ningún
robot, «araña de rastrexo» ou calquera dispositivo
automático ou proceso manual para monitorizar ou copiar as
páxinas que conforman o noso sitio web sen o consentimento
expreso dun representante autorizado de Difusora de Letras, Artes
e Ideas, SL (dito compromiso considérase concedido no caso
de accións de monitorización efectuadas por tecnoloxía
estándar de motores de busca por Internet empregada por sitios
buscadores para dirixir usuarios de Internet ás nosas páxinas).
O sitio
web poderá subministrarlle nomes de usuario, contrasinais
e outros códigos para acceder a áreas restrinxidas deste.
A información contida en ditas áreas restrinxidas é
información confidencial de Difusora de Letras, Artes e Ideas,
SL e élle subministrada para o seu uso profesional particular
exclusivamente. Reservámonos o dereito de inhabilitar ou prohibir
o emprego de ditos códigos de acceso no seu nome ou por terceiras
persoas ou entidades en caso de determinar que dito uso interfire
coa operativa normal do noso sitio web ou ten como resultado
o beneficio comercial de terceiros no noso detrimento. O dereito ao
emprego de dita información é particular e intransferible.
Toda
a información de difusora.org é subministrada tal cal,
sen ningún tipo de garantías, nin expresas nin implícitas,
tales como as garantías implícitas de ausencia de infracción,
comerciabilidade e idoneidade para un fin específico. Algunhas
xurisdiccións non permiten a exclusión de garantías
implícitas, de modo que é posible que a exclusión
descrita anteriormente non sexa válida no seu caso. Difusora.org
non asume ningún tipo de responsabilidade legal nin relativa
á precisión, integridade ou utilidade da información,
aparellos, productos ou procesos que se divulgan no servidor nin demais
materiais aos que se obteña acceso mediante dito servidor.
Baixo ningunha circunstancia, difusora.org se fai responsable de ningún
dano especial, indirecto, consecuente ou fortuíto, nin de ningún
dano ocasionado pola perda de uso, de datos ou de lucro, independentemente
de que se deba a unha acción contractual ou a calquera acción
fraudulenta, que xurda ou garde relación coa utilización
do sitio web de difusora.org, ou o emprego, dependencia ou
desempeño de calquera material contido en calquera sitio web
de difusora.org ou ao que se obteña acceso a través
deste.
Toda
opinión, datos, respostas, preguntas, comentarios, suxestións,
ideas, etc. que vostede nos remita serán consideradas como
non confidenciais e non exclusivas. Difusora.org non está obrigado
a ofrecer protección contra a divulgación de tal información
e poderá reproducila, utilizala e distribuíla libremente
a outras partes interesadas sen restricción ningunha. Así
mesmo, poderemos empregar calquera idea, concepto, coñecementos
técnicos (know-how) ou técnicas contidas en dita
información para calquera propósito, como o desenvolvemento,
fabricación e mercadeo de productos e servicios que conteñan
tal información.
A información
contida na web de difusora.org pode conter incorreccións
técnicas ou tipográficas. Difusora.org resérvase
o dereito de efectuar cambios, correccións ou melloras na información
mostrada e no referente aos productos e promocións descritas
en dita información, á súa enteira discreción
e sen previo aviso.
Se decide
abandonar algún dos sitios web que conforman a nosa
rede por medio de ligazóns existentes nos nosos sitios web,
difusora.org non se fará responsable das políticas de
privacidade deses sitios ou das cookies que estes poidan almacenar
no seu disco duro. Así mesmo, dado que difusora.org non exerce
control ningún sobre ditos sitios ou recursos, vostede asume
e acepta que difusora.org non é responsable pola dispoñibilidade
de ditos sitios ou recursos, nin endosa ou é responsable de
ningún contido, publicidade, productos ou outros materiais
que poidan encontrarse dispoñibles en ditos sitios ou recursos.
Esta
web áchase suxeita ás leis españolas.
Difusora.org poderá divulgar calquera información acerca
do seu uso, incluíndo información persoal referente
a vostede sen o seu consentimento expreso cando así lle sexa
requirido por lei, ou de boa fe en caso de considerar que dita acción
é necesaria para a investigación ou protección
dos visitantes, asociados, ou propiedade (incluíndo este sitio
web) de Difusora.org contra accións e actividades perniciosas.
Se ten
algunha pregunta sobre este Aviso Legal pode enviarnos un e-mail a
info@difusora.org